BENVIDOS AMIG@S ENMASCARADOS!

 



Este podía ser o principio dunha historia de ficción que poderiamos ler nun libro ou ver nun filme:

Fai moito tempo existiron na Terra uns seres que cada vez que saían da casa tiñan que poñer unha máscara que lles tapaba o nariz e a boca.

Como tódolos seres levaban máscara non se podían distinguir os uns dos outros. Todos eran semellantes. Todos ían enmascarados. Tod@s eran seres especiais que loitaban contra unha enfermidade pandémica chamada COVID 19.

Esta enfermidade global percorreu o planeta e obrigou a que tiveramos que quedar na casa para atenuar os efectos.

Facía un tempo que a humanidade marcara uns obxectivos para o ano 2030 como intento paliativo sobre os danos físicos e morais a Terra e os seus habitantes.

A obriga de quedar na casa fíxonos reflexionar sobre moitos deses puntos.

Quedando na casa coidamos do entorno. Esta é unha afirmación que pode que non pareza ter sentido. Estabamos sobreexplotando o planeta e ao quedar na casa démoslle un descanso ben merecido.

Coidar o noso corpo e o entorno É O BO CAMIÑO. Durante un tempo fomos capaces de facer as dúas cousas á vez.

Os peregrinos que levamos dentro comenzaron a percorrer un camiño cheo de pedras e moi afastado, tanto como está a Fin da Terra.

Tivemos que aprender a ler o noso corpo: síntomas… e a comunicarnos sen vernos.

Comezamos unha autoviaxe inaudita. As viaxes deixaron de consistir en transportarnos a un espazo.

A lectura foi unha alternativa a esas viaxes presenciais. As xeografías lectoras gañaron terreo por un tempo.

Tivemos tempo de debuxarnos como xeógrafos dos nosos corpos. Os corpos foron illas. Nesas nosas illas como mapas topográficos atopamos recantos esquecidos onde localizar puntos xeodésicos lectores.

Son as partes do corpo as que poden suxerir que libros podo ler. Ou son os libros os que nos fan tremer zonas corporais insospeitadas.

Sabores enmascarados pretende facer que tódolos alimentos sexan apetecibles. Conseguir a maneira de acabar cos prexuízos que temos dalgúns alimentos. A COVID fixo que a relación interpersoal sexa distinta. Imos enmascarados para protexernos. As veces os alimentos tamén teñen que enmascararse para protexerse ou para protexernos xa que igual non son apetecibles pero sí necesarios.

Os alimentos benefician de maneira distinta a cartografía dos nosos corpos. Comemos cenoria para mellorar a vista. Que conto relacionamos coas cenorias ou que libro nos fala da vista?

Trazar o noso propio BO CAMIÑO con lecturas axeitadas. Unha lectura leva a outra, así como trazamos distintos puntos para facer camiños. Os puntos do camiño de Santiago son as cunchas de vieira.

Cada localidade ten unha historia que contar. Os gastroCONTOS do camiño. A que saben? A mar…