RESUMO DE TÓDOLOS RETOS DO PROXECTO

 1º RETO - CASA CORES: De que cor son as cousas que se propuxeron segundo as cores que lle tocou a cada curso?

5 ANOS - PRIMEIRO - QUINTO - SEXTO

2º RETO - CASA IGUALDADE: Facer unha barquiña de papel moi grande e outra pequeniña da nosa cor.

5 ANOS - PRIMEIRO - QUINTO - SEXTO

3º RETO - CASA CAMIÑO DE SANTIAGO A FISTERRA: Darlle cor a unha imaxe. Enumerar os símbolos do camiño.

5 ANOS - PRIMEIRO - QUINTO - SEXTO

4º RETO - CASA NADAL: Facer cada curso estrelas de cores (cada curso da súa) e pegalas nas fiestras.

5 ANOS - PRIMEIRO - QUINTO - SEXTO

TODA PRIMARIA

- DE BOTA A BOTA E TIRO PORQUE ME TOCA 1: Onde se atopa a bota da imaxe?

5 ANOS 1 - 5 ANOS 2 - PRIMEIRO - QUINTO - SEXTO

5º RETO - CASA SABORES: Investigar sobre os sabores que se lle asignou a cada curso.

5 ANOS: CONSEGUIDO - VER SOLUCIÓN RETO
1º PRIMARIA: CONSEGUIDO - VER SOLUCIÓN RETO
5º PRIMARIA: CONSEGUIDO - VER SOLUCIÓN RETO
6º PRIMARIA: CONSEGUIDO - VER SOLUCIÓN RETO

6º RETO - CASA DA PAZ: O obxectivo é vacinar o día 30 de xaneiro aos nen@s do virus Egomundum. Para conseguilo temos que preparar as xeringas cos ingredientes da paz, debuxar o virus e pegar a tirita deseñada para o día no sitio onde nos pincharon.

5 ANOS: CONSEGUIDO 
1º PRIMARIA: CONSEGUIDO - VER SOLUCIÓN RETO
5º PRIMARIA: CONSEGUIDO - VER SOLUCIÓN RETO
6° PRIMARIA: CONSEGUIDO - VER SOLUCIÓN RETO

7º RETO - CASA EDUCACIÓN AMBIENTAL: Retámosvos a aprender a canción de Billy Boom Band QUE CANTEN LOS BOSQUES e gravala.

5 ANOS: CONSEGUIDO - SOLUCIÓN
1º PRIMARIA: CONSEGUIDO - SOLUCIÓN
5º PRIMARIA: CONSEGUIDO - SOLUCIÓN
6º PRIMARIA: CONSEGUIDO - SOLUCIÓN

8º RETO - CASA BANDEIRAS DO MUNDO: Construír bandeiras dos países que van a peregrinar de Compostela a Fisterra pasando por Manuela.

3 ANOS: CONSEGUIDO - SOLUCIÓN
4 ANOS: CONSEGUIDO - SOLUCIÓN
5 ANOS: CONSEGUIDO - SOLUCIÓN 1 - SOLUCIÓN 2
1º PRIMARIA: CONSEGUIDO - SOLUCIÓN
2° PRIMARIA: CONSEGUIDO - SOLUCIÓN
3° PRIMARIA: CONSEGUIDO - SOLUCIÓN
4° PRIMARIA: CONSEGUIDO - SOLUCIÓN
5° PRIMARIA: CONSEGUIDO - SOLUCIÓN
6º PRIMARIA: CONSEGUIDO - SOLUCIÓN

9º RETO - CASA ENTROIDO: Nesta casa tedes que subir unha foto e/ou vídeo da vosa clase disfrutando do ENTROIDO: PEREGRINOS DO MUNDO. Tede en conta que o obxectivo é chegar a SANTIAGO DE COMPOSTELA. VÉMONOS NA PRAZA DO OBRADOIRO!!!

CONSEGUIDO PARA TÓDOLOS CURSOS
5 ANOS

- DE BOTA A BOTA E TIRO PORQUE ME TOCA 2_O CAMIÑO SEN PÉS NIN CABEZA: Moitos peregrinos deixan as súas botas en lugares simbólicos do camiño e algunhas acabaron por converterse en macetas. É unha moi boa idea para reciclar tanto botas vellas coma botellas de leite. Retámosvos a que creedes a vosa propia maceta peregrina.

3 ANOS: CONSEGUIDO - SOLUCIÓN
5 ANOS: CONSEGUIDO - VER SOLUCIÓN
PRIMEIRO: CONSEGUIDO - VER SOLUCIÓN
QUINTO - VER SOLUCIÓN

10º RETO - CASA #DíadeRosalía: O día 24 de febreiro celebramos o 184 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Nesta ocasión terás que traballar sobre a figura de Rosalía. Os formatos son libres... Rosalía escribiu un poema titulado Caldo de Gloria. Para facer o caldo antigamente utilizábase un POTE. Sabedes onde hai un POTE nas rúas de Cee?

3 ANOS - SOLUCIÓN
5 ANOS - SOLUCIÓN 1 - SOLUCIÓN 2
PRIMEIRO PRIMARIA - SOLUCIÓN
QUINTO PRIMARIA - SOLUCIÓN
SEXTO PRIMARIA - SOLUCIÓN

11º RETO - DESENMASCARANDO CONTOS: Nesta casa teredes que desenmascarar un conto. Subirase unha imaxe e teredes que descubrir de que conto se trata.

3 ANOS - SOLUCIÓN
5 ANOS - SOLUCIÓN 2
PRIMEIRO PRIMARIA - SOLUCIÓN
QUINTO PRIMARIA - SOLUCIÓN
SEXTO - SOLUCIÓN

12º RETO - CASA IGUALDADE: O día 8 de marzo celébrase o día da muller. Queremos aproveitar esta data para lembrar o traballo dalgunhas mulleres que deixaron pegadas na historia da humanidade. O reto consistirá en facer antefaces con forma de oito de cor violeta e nomear mulleres relevantes da historia.


13º RETO - CASA I LOVE TREES: O día 21 de Marzo celebramos o DÍA DOS BOSQUES. Este ano propoñemos a ARBOTERAPIA, a terapia de abrazar árbores para sentirnos máis preto da NATUREZA. É un bo exercicio de relaxación e unha boa maneira de compensar a falta de abrazos. Podemos facer algún agasallo para a árbore que abracemos e atalo arredor dela. 


- DE BOTA A BOTA E TIRO PORQUE ME TOCA 3_IDEAS PEREGRINAS: Reto libre sobre a escultura interactiva da PRAZA da ALAMEDA de Cee. Podedes pensar en ideas surrealistas. 

RETO 14: HOMENAXEANDO A DOMINGO ANTONIO DE ANDRADE. 8 ABRIL. Esta casa é a do día das artes galegas. Domingo Antonio foi un arquitecto que naceu en Cee. Foi unha boa excusa para coñecer a súa obra. Construíron edificios con caixas de alimentos e recrearon unha parte da decoración dun dos edificios que construíu onde aparecen representadas unhas mazás e unhas uvas. Aproveitaron tapón de botellas para facer o traballo dos canteiros recubríndoas con papel de aluminio.

RETO 15: GASTROCONTOS. BOOKTRÁILER DO LIBRO LIMÓN. 15 ABRIL. Cada curso debía gravarse recomendando nun vídeo o libro LIMÓN da colección do berce a lúa de Kalandraka.

3 ANOS - 5 ANOS 1 - 5 ANOS 2

PRIMEIRO - QUINTO

RETO 16: LER O MUNDO = TERRA. 22 ABRIL. Nesta casa tiñan que buscar palabras sobre alimentos en galego e decoralas para mostrar que son fermosas. Aproveitamos a canción do ABECEDARIO de Magín Blanco que emprega palabras de alimentos, animais, plantas...


RETO 17: DÍA DA NAI. 29 ABRIL. Saborear moito o día da nai e mostrar os agasallos que fixeron enmascarándoos poñendolles un envoltorio acorde coa temática do proxecto. Algúns fixeron bolboretas que tapaban o agasallo, bolsas de papel co lema: 3M da reciclaxe, Melllor/Mamá/Mundo.

PREME PARA VER LOGROS

- DE BOTA EN BOTA. CASA - BOTA. 6 MAIO. Neste reto debían deseñar a casa bota dos seus soños. Podían elexir os materiais que considerasen oportunos. Importante destacar a parte da cociña da casa e facérlle unha horta.

3 ANOS - 5 ANOS - PRIMEIRO

RETO 18: LETRAS GALEGAS_CONTOS AO TELÉFONO. 13 MAIO. Casa adicada ao día de Xela Arias unha escritora galega. Un dos seus grandes traballos foi traducir libros ao galego. Un dos libros que traduciu foi o de CONTOS AO TELÉFONO de Gianni Rodari. Eleximos a historia CONFUNDINDO HISTORIAS onde fala dunha Carapuchina especial. Debían gravarse simulando que falan por teléfono cuns teléfonos feitos con vasos de iogur.

RETO 19: ENMASCARAR MASCOTA + RECEITA ENMASCARADA. 20 MAIO. Cada curso tiña asignada unha mascota que fixemos no noso primeiro Xermoliño. Esas mascotas facían de figuras do taboleiro do noso xogo. Retomando o debuxo nas nosas mascotas tiñan que enmascaralas, poñéndolle unha máscara das que estamos empregando para tapar a nariz e a boca. Ademais tiñan que buscar unha receita para enmascarar un alimento que non lles guste. Aproveitamos a entrega de FROITA FRESCA na que participamos para facer apetecibles as froitas que debían degustar.

RETO 20: ETAPA DO CAMIÑO A FISTERRA. 27 MAIO. Cada curso debía investigar unha etapa do camiño. Aínda que este ano non imos a viaxar a ningún sitio físico podían buscar en INTERNET imaxes do lugar e facer unha montaxe como si estiveran alí. Aproveitar para coñecer xeográficamente o lugar.

RETO 21: PARTE DO CORPO + EMOCIÓN. 3 XUÑO. Ao principio do proxecto dixemos que queriamos traballar sobre as emocións. Que mellor maneira que a de ser peregrino e exteriorizar as emocións que nos produce pasear por distintos lugares. Pensar nun alimento que nos guste e explicar que sentimos e que parte do corpo creemos que activa. Cal é a emoción que nos produce?

RETO 22: AVALIACIÓN DO PROXECTO. 10 XUÑO. Neste reto invitamos a reflexionar sobre todos os retos anteriores. Que aprendemos sobre SABORES ENMASCARADOS? Que nos sorprendeu máis? Que reto pensamos que poderiamos traballar máis? Cal podería ser a temática do curso que vén? Quedou algunha vía aberta?

FACER AVALIACIÓN